Publicación “Árbores Senlleiras e Formacións Singulares da provincia de Lugo”.

O pasado día 21 de decembro de 2011 tivo lugar a presentación do libro “Árbores  Senlleiras e Formacións Singulares da provincia de Lugo” na Galería Sargadelos de Lugo. Esta publicación foi desenrolada a partir da colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a Federación Rural Galega e Tenzas, S.C..

Este libro busca dar unha dimensión mais próxima das árbores senlleiras, relatando a súa historia, os usos típicos de cada especie e a indicación do lugar físico no que se atopa. Ademais contan con unha importante reportaxe fotográfica.

Galego