Convenio coa “Asociación Galega de Propietarios Forestais (AGAPROFOR)”

O 15 de marzo do 2012, a empresa Tenzas e a Asociación Galega de Propietarios Forestais (AGAPROFOR) asinaron un convenio no cal se establecen canles para desenrolar as seguintes actividades:

  • Realización ou financiación conxunta de proxectos de investigación en aquelas áreas que se consideren de interese común.
  • Cooperación no desenrolo de programas de difusión en relación co sector forestal.
  • Desenrolo de cursos de formación en torno os diversos aspectos da xestión forestal, dirixidos ós asociados e outras entidades vinculadas ó sector forestal.
  • Intercambio de información e documentación
  • Asesoramento en cuestións relacionadas coas actividades propias de ambas entidades.
Galego