Capital humano

A nosa entidade creou un equipo de traballo composto por persoal de alta cualificación e versatilidade, con unha importante traxectoria profesional e experiencia no ámbito forestal, tanto público como privado.

Somos un equipo multidisciplinar de especialistas en enxeñería e asesoramento legal, composto por Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Enxeñeiros Técnicos Forestais, Licenciados en Dereito, Técnicos Superiores en Prevención de Riscos Laborais e Técnicos Superiores en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos.

Todos os esforzos de Tenzas están orientados cara a excelencia. Apostando por potenciar o desenrolo profesional de cada un dos traballadores membros do equipo de dirección. O obxectivo é investir en recursos humanos co convencemento de que o capital humano é un factor clave no crecemento e expansión da empresa.

O noso traballo é un desafío  continuo no cal o consultor se involucra na actividade do cliente e actúa como integrador posibilitando que todas as pezas se consoliden para que un proxecto funcione.

 

Galego